Escolas Infantís Municipais de Santiago de Compostela
Promoción de la Formación Las Palmas, S.L. (PROFOLP), empresa que xestiona as Escolas Infantís Municipais de Santiago de Compostela, busca un/unha profesional para incorporarse ao servizo de Atención Temperá das EEII de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío.
Funcións- Detección precoz e valoración das necesidades no desenvolvemento de nenos e nenas de 0 a 3 anos.
- Intervención co alumnado dentro da aula e en sesións individuais ou en pequenos grupos.
- Asesoramento e coordinación cos equipos educativos das tres escolas.
- Orientación e acompañamento ás familias.
- Coordinación cos recursos externos (pediatría, UDIAF, servizos sociais e outros).
- Elaboración de informes e seguimento dos casos.
- Titulación en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Logopedia ou similar.
- Formación específica en Atención Temperá (máster ou posgrao).
- Experiencia no tramo de 0 a 3 anos e no traballo con familias.
- Dispoñibilidade para desprazarse entre os tres centros de Santiago.
- Valorarase: coñecemento do galego, colexiación profesional e permiso de conducir.
- Dúas modalidades posibles:
- Contrato laboral con PROFOLP.
- Colaboración profesional mediante contrato de servizos, para profesionais dados de alta como autónomos/as.
- Integración nun proxecto educativo cun modelo propio de formación e traballo en equipo.
Envía o teu CV e unha breve carta de presentación a < email usunięty ze względów bezpieczeństwa > co asunto «Atención Temperá Santiago», indicando a modalidade que prefires (contrato laboral ou colaboración como autónomo/a).