Skip to content
Targeted job

Profesional de Atención Temperá

Full time position

Santiago de Compostela, A Coruña (Spain)

Promoción de la Formación Las Palmas, S.L. (PROFOLP)

SME

Published on 24 November 2026

  • Contract

    Full time position

  • Location

    Santiago de Compostela, A Coruña (Spain)

  • Start date

    As soon as possible

  • Salary

    Information not provided

  • Remote working

    No remote working

Escolas Infantís Municipais de Santiago de Compostela

Promoción de la Formación Las Palmas, S.L. (PROFOLP), empresa que xestiona as Escolas Infantís Municipais de Santiago de Compostela, busca un/unha profesional para incorporarse ao servizo de Atención Temperá das EEII de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío.

Funcións
  • Detección precoz e valoración das necesidades no desenvolvemento de nenos e nenas de 0 a 3 anos.
  • Intervención co alumnado dentro da aula e en sesións individuais ou en pequenos grupos.
  • Asesoramento e coordinación cos equipos educativos das tres escolas.
  • Orientación e acompañamento ás familias.
  • Coordinación cos recursos externos (pediatría, UDIAF, servizos sociais e outros).
  • Elaboración de informes e seguimento dos casos.
Requisitos
  • Titulación en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Logopedia ou similar.
  • Formación específica en Atención Temperá (máster ou posgrao).
  • Experiencia no tramo de 0 a 3 anos e no traballo con familias.
  • Dispoñibilidade para desprazarse entre os tres centros de Santiago.
  • Valorarase: coñecemento do galego, colexiación profesional e permiso de conducir.
Ofrecemos
  • Dúas modalidades posibles:
  • Contrato laboral con PROFOLP.
  • Colaboración profesional mediante contrato de servizos, para profesionais dados de alta como autónomos/as.
  • Integración nun proxecto educativo cun modelo propio de formación e traballo en equipo.

Envía o teu CV e unha breve carta de presentación a < email deleted for security reasons > co asunto «Atención Temperá Santiago», indicando a modalidade que prefires (contrato laboral ou colaboración como autónomo/a).

Application deadline

24 December 2026

Study level

Bachelor level or equivalent; Master level or equivalent

Job Category

Psychology