Hopp til innhold
Målrettet stilling

Prácticas univeristarias no sector bancario

Praksisplass 1 til 6 måneder

Vigo, Pontevedra (Spain), A Coruña (Spain)

CAIXABANK

Stort selskap

Publisert 27. november 2026

  • Kontrakt

    Praksisplass 1 til 6 måneder

  • Steder

    Vigo, Pontevedra (Spain), A Coruña (Spain)

  • Startdato

    Så snart som mulig

  • lønn

    Informasjon ikke gitt

  • Fjernarbeid

    Delvis

CaixaBank | Programa de prácticas universitarias 2027

Rede Comercial Territorial Norte · Bilbao, Santander, A Coruña e Vigo

CaixaBank, grupo financeiro especializado en banca minorista, ofrece prácticas remuneradas na súa rede de oficinas para estudantes de grao, dobre grao e máster.

Que farás durante as prácticas?
  • Coñecerás o funcionamento da rede comercial a través dun percorrido por distintas oficinas especializadas.
  • Colaborarás con profesionais de diferentes áreas e participarás en proxectos reais relacionados coa atención á clientela e coa actividade das oficinas.
  • Coñecerás distintas opcións de financiamento e investimento e colaborarás na análise de información e no seguimento de indicadores e resultados.
Requisitos
  • Ter superado polo menos 120 créditos dun grao ou dobre grao, ou estar cursando un máster.
  • Poder formalizar un convenio de prácticas coa túa universidade ou centro de estudos.
  • Ter dispoñibilidade para realizar un mínimo de 480 horas entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo de 2027.
  • Poder realizar as prácticas en Bilbao, Santander, A Coruña ou Vigo.

Valorarase o nivel de inglés, a experiencia internacional, o voluntariado e outras experiencias que contribuísen ao teu desenvolvemento persoal e académico.

Condicións e acompañamento
  • Prácticas remuneradas de febreiro a xullo de 2027, con posibilidade de ampliación de setembro a decembro.
  • Xornada mínima de 20 horas semanais, con horario compatible coas clases e cos exames.
  • Programa de acollida e acompañamento dunha persoa titora durante as prácticas.
  • Ao rematar, poderás optar a outras oportunidades profesionais na rede territorial ou noutras áreas de CaixaBank.

CaixaBank anima a participar ao estudantado cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Se é o teu caso, podes indicalo no perfil de inscrición, no apartado «Diversidade funcional».

Máis información e solicitude no enlace

Søknadsfrist

27. desember 2026

Utdanningsnivå

Bachelor- eller universitetsnivå