Rede Comercial Territorial Norte · Bilbao, Santander, A Coruña e Vigo
CaixaBank, grupo financeiro especializado en banca minorista, ofrece prácticas remuneradas na súa rede de oficinas para estudantes de grao, dobre grao e máster.
Que farás durante as prácticas?- Coñecerás o funcionamento da rede comercial a través dun percorrido por distintas oficinas especializadas.
- Colaborarás con profesionais de diferentes áreas e participarás en proxectos reais relacionados coa atención á clientela e coa actividade das oficinas.
- Coñecerás distintas opcións de financiamento e investimento e colaborarás na análise de información e no seguimento de indicadores e resultados.
- Ter superado polo menos 120 créditos dun grao ou dobre grao, ou estar cursando un máster.
- Poder formalizar un convenio de prácticas coa túa universidade ou centro de estudos.
- Ter dispoñibilidade para realizar un mínimo de 480 horas entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo de 2027.
- Poder realizar as prácticas en Bilbao, Santander, A Coruña ou Vigo.
Valorarase o nivel de inglés, a experiencia internacional, o voluntariado e outras experiencias que contribuísen ao teu desenvolvemento persoal e académico.
Condicións e acompañamento- Prácticas remuneradas de febreiro a xullo de 2027, con posibilidade de ampliación de setembro a decembro.
- Xornada mínima de 20 horas semanais, con horario compatible coas clases e cos exames.
- Programa de acollida e acompañamento dunha persoa titora durante as prácticas.
- Ao rematar, poderás optar a outras oportunidades profesionais na rede territorial ou noutras áreas de CaixaBank.
CaixaBank anima a participar ao estudantado cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Se é o teu caso, podes indicalo no perfil de inscrición, no apartado «Diversidade funcional».
Máis información e solicitude no enlace
