Vai al contenuto
Offerta mirata

Oferta para realización de Tese Doutoral

Tesi / Dottorato 12 mesi

Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

Grupo de Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais (NefroCHUS)

Associazione / Istituzione pubblica / Laboratorio

Pubblicato su 16 giugno 2026

  • Contratto

    Tesi / Dottorato 12 mesi

  • Località

    Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

  • Data di inizio

    Appena possibile

  • Stipendio

    Informazioni non fornite

  • Lavoro da remoto

    Parziale

Desde o Grupo de Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais (NefroCHUS) do IDIS, buscamos un/a candidato/a para desenvolver unha tese doutoral centrada no uso de vesículas extracelulares para o estudo de enfermidades renais hereditarias.

Liñas de traballo:

• Enfermidade renal poliquística: profundar no coñecemento das bases moleculares da patoloxía, co fin de desenvolver ferramentas para previr, diagnosticar e/o tratar a enfermidade renal poliquística.

• Identificación e validación de novos biomarcadores en tubulopatías renais raras mediante o illamento de vesículas extracelulares presentes na urina de pacientes. O estudo céntrase na enfermidade de Dent e as síndromes de Bartter e Gitelman; o obxectivo desta liña é o de mellorar a comprensión dos mecanismos moleculares causantes da enfermidade coa finalidade de establecer marcadores de diagnose temperá e tratamentos farmacolóxicos específicos e funcionais para cada unha das enfermidades.

Metodoloxía:

• A tese combinará tanto o uso de mostras derivadas de modelos animais modificados xeneticamente como de pacientes. Durante o desenvolvemento do proxecto o/a investigador/a formarase en protocolos relacionados coa toma e procesado de mostras biolóxicas co obxectivo de illar vesículas extracelulares e caracterizalas mediante o uso de técnicas de bioloxía molecular como o western blot, a RT-qPCR ou a inmunofluorescencia, entre outras.

Méritos:

Requiridos:

Grao en Bioloxía, Ciencias biomédicas,Bioinformática, Química, Farmacia ou áreas afíns.

• Estar a cursar ou finalizar un máster oficial que permita a preinscrición nun programa de doutoramento da USC (curso 2026–2027).

• Nota media competitiva para optar a axudas predoutorales

Valorables:

  • Entrevista privado (presencial ou por videoconferencia).
  • Coñecementos básicos de xenética, bioloxía molecular e celular, bioinformática.

Ofrecemos:

  • Contrato ponte predoctoral inicial (12 meses), condicionado o compromiso de presentarse a convocatorias competitivas destinadas á obtención dun contrato predoctoral (FPU, Xunta de Galicia, etc.).
  • Incorporación a un grupo consolidado con experiencia en investigación traslacional e colaboración clínica.

Data limite per la candidatura

31 luglio 2026

Livello di studi

Laurea triennale o equivalente; Laurea magistrale o equivalente

Funzione

Scienze biomediche