Desde o Grupo de Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais (NefroCHUS) do IDIS, buscamos un/a candidato/a para desenvolver unha tese doutoral centrada no uso de vesículas extracelulares para o estudo de enfermidades renais hereditarias.
Liñas de traballo:
• Enfermidade renal poliquística: profundar no coñecemento das bases moleculares da patoloxía, co fin de desenvolver ferramentas para previr, diagnosticar e/o tratar a enfermidade renal poliquística.
• Identificación e validación de novos biomarcadores en tubulopatías renais raras mediante o illamento de vesículas extracelulares presentes na urina de pacientes. O estudo céntrase na enfermidade de Dent e as síndromes de Bartter e Gitelman; o obxectivo desta liña é o de mellorar a comprensión dos mecanismos moleculares causantes da enfermidade coa finalidade de establecer marcadores de diagnose temperá e tratamentos farmacolóxicos específicos e funcionais para cada unha das enfermidades.
Metodoloxía:
• A tese combinará tanto o uso de mostras derivadas de modelos animais modificados xeneticamente como de pacientes. Durante o desenvolvemento do proxecto o/a investigador/a formarase en protocolos relacionados coa toma e procesado de mostras biolóxicas co obxectivo de illar vesículas extracelulares e caracterizalas mediante o uso de técnicas de bioloxía molecular como o western blot, a RT-qPCR ou a inmunofluorescencia, entre outras.
Méritos:
Requiridos:
Grao en Bioloxía, Ciencias biomédicas,Bioinformática, Química, Farmacia ou áreas afíns.
• Estar a cursar ou finalizar un máster oficial que permita a preinscrición nun programa de doutoramento da USC (curso 2026–2027).
• Nota media competitiva para optar a axudas predoutorales
Valorables:
- Entrevista privado (presencial ou por videoconferencia).
- Coñecementos básicos de xenética, bioloxía molecular e celular, bioinformática.
Ofrecemos:
- Contrato ponte predoctoral inicial (12 meses), condicionado o compromiso de presentarse a convocatorias competitivas destinadas á obtención dun contrato predoctoral (FPU, Xunta de Galicia, etc.).
- Incorporación a un grupo consolidado con experiencia en investigación traslacional e colaboración clínica.