DENOMINACIÓN: Contratación na área de “Investigación matemática en metodoloxía de optimización para mellorar e optimizar as decisións asociadas a un problema de xestión enerxética".
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga OT10-2026.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA MELLORAR E OPTIMIZAR AS DECISIÓNS ASOCIADAS A UN PROBLEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICA”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realización de traballos de investigación en optimización orientados a:
- Revisión e estudo da estado da arte das técnicas de resolución e algoritmia para problemas non lineais con restricións de pooling.
- Formalización do problema matemático no contexto concreto, definindo a estrutura topolóxica a través dun grafo.
- Formulación teórica das diferentes formulacións matemáticas e metodoloxías de resolución identificadas como máis prometedoras durante a revisión do estado da arte.
- Análise e tratamento dos datos de entrada para a formulación de problema.
O traballo incluirá o seguimento e a implementación dos algoritmos e das distintas formulacións expostas, validación e comparativa das metodoloxías e algoritmos implementados para identificar que aproximación matemática compórtase mellor e resolve o problema da forma máis efectiva.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.
- Fecha inicio prevista: a partir del día seguinte a la fecha de resolución de la selección.
- Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
- Duración: 4 meses, ata o 31 de decembro de 2026.
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
Envío de candidaturas: < email slettet af sikkerhedsmæssige årsager > indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-10/2026.
Prazo de presentación: 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas
