Saltar ao contido
Oferta exclusiva

Convocatoria contratación persoal CITMAga-OT-10/2026

Posto temporal 4 meses

Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

CITMAga

Goberno / Entidade benéfica / Institución pública / Outro

Publicado o 29 de julio de 2026

  • Tipo de contrato

    Posto temporal 4 meses

  • Localización

    Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

  • Data de comezo

    O antes posible

  • Salario

    Información non proporcionada

  • Teletraballo

    Sen teletraballo

DENOMINACIÓN: Contratación na área de “Investigación matemática en metodoloxía de optimización para mellorar e optimizar as decisións asociadas a un problema de xestión enerxética".

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga OT10-2026.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA MELLORAR E OPTIMIZAR AS DECISIÓNS ASOCIADAS A UN PROBLEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICA”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: realización de traballos de investigación en optimización orientados a:

  • Revisión e estudo da estado da arte das técnicas de resolución e algoritmia para problemas non lineais con restricións de pooling.
  • Formalización do problema matemático no contexto concreto, definindo a estrutura topolóxica a través dun grafo.
  • Formulación teórica das diferentes formulacións matemáticas e metodoloxías de resolución identificadas como máis prometedoras durante a revisión do estado da arte.
  • Análise e tratamento dos datos de entrada para a formulación de problema.

O traballo incluirá o seguimento e a implementación dos algoritmos e das distintas formulacións expostas, validación e comparativa das metodoloxías e algoritmos implementados para identificar que aproximación matemática compórtase mellor e resolve o problema da forma máis efectiva.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.
  • Fecha inicio prevista: a partir del día seguinte a la fecha de resolución de la selección.
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Duración: 4 meses, ata o 31 de decembro de 2026.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

Envío de candidaturas: <correo electrónico eliminado por motivos de seguridade> indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-10/2026.

Prazo de presentación: 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas

Información completa da oferta de emprego

Prazo límite da candidatura

21 de agosto de 2026

Nivel de estudos

Nivel de grado o equivalente

Categoría de traballo

Investigación e desenvolvemento