En Alain Afflelou buscamos incorporar un/a Óptico/a Optometrista para o noso centro de Ribadavia (Ourense), unha vila con historia situada no corazón da comarca do Ribeiro, rodeada de natureza, viñedos e recoñecida pola súa excelente calidade de vida. Un destino perfecto para quen desexa crecer profesionalmente sen renunciar ao benestar privado.
Que te ofrecemos?
Ti elixes como seguir crecendo: ofrecémosche unha bolsa de Audioloxía ou unha bolsa para cursar un Máster de Especialización en Óptica, para que continúes impulsando a túa carreira profesional.
Ademais, desfrutarás de:
- Contrato indefinido desde o primeiro día.
- Salario bruto competitivo, en función da experiencia e valía aportada
- Axuda á vivenda de 200 € brutos mensuais durante o primeiro ano, para facilitar a túa incorporación se vés doutra localidade.
- Beneficios sociais para empregados.
- Plan de formación continua e desenvolvemento profesional.
- Descontos exclusivos para empregados.
- Un equipo próximo, comprometido e con vocación de servizo.
Cal será o teu día a día?
- Realizar exames visuais e ofrecer un asesoramento personalizado.
- Prescribir a mellor solución óptica segundo as necesidades de cada cliente.
- Acompañar ás persoas no coidado da saúde visual cun trato próximo e profesional.
- Colaborar co equipo para ofrecer unha experiencia excelente no centro.
Que buscamos?
- Grao ou Diplomatura en Óptica e Optometría.
- Ganas de seguir aprendendo e crecendo profesionalmente.
- Orientación ao cliente e boas habilidades comunicativas.
- Paixón polo traballo en equipo e por ofrecer unha atención de calidade
E unha última pregunta… Seguro que mentres lías esta oferta pensaches en alguén?
Compártea con esa persoa. Quizá estea a buscar un cambio, unha nova oportunidade ou simplemente o lugar onde seguir crecendo.
As persoas interesadas deberán enviar el Cv
email: < e-post borttagen av säkerhetsskäl >
