Ir para o conteúdo
Oferta exclusiva

Graduado/a en veterinaria

Contrato sem termo

Muxía, A Coruña (Spain)

Ganadería Pastora

PME

Publicado em 14 de outubro de 2026

  • Contrato

    Contrato sem termo

  • Localização

    Muxía, A Coruña (Spain)

  • Data de início

    Logo que possível

  • Salário

    Informação não fornecida

  • Teletrabalho

    Sem teletrabalho

Buscamos un/unha profesional veterinario/a con iniciativa, responsabilidade e ganas de traballar en contacto directo coa explotación e co gando.

A incorporación supón a oportunidade de desenvolver un labor veterinario práctico e próximo, participando no seguimento sanitario dos animais, na prevención de enfermidades e na mellora continua dos protocolos de manexo e benestar.

Que ofrecemos?

  • Incorporación inmediata a un proxecto gandeiro cunha visión profesional e de futuro.
  • Traballo directamente relacionado coa saúde e o benestar animal.
  • Un contorno de traballo rural e próximo, onde a implicación persoal ten un valor importante.
  • Posibilidade de participar activamente na evolución e mellora da explotación.
  • Un posto no que os coñecementos veterinarios se poidan aplicar de xeito práctico e con autonomía.

A quen buscamos?

A unha persoa responsable, comprometida e con vocación pola gandaría e a medicina veterinaria, que desfrute do traballo de campo e do contacto directo cos animais.

Valoraremos especialmente a capacidade de traballo en equipo, a iniciativa, a capacidade de observación e as ganas de aprender e achegar novas ideas.

Se buscas algo máis ca un posto de traballo e queres formar parte dun proxecto gandeiro en crecemento, queremos coñecerte.

💼 Condicións profesionais

En Ganadería Pastora queremos que a incorporación dun/unha veterinario/a sexa unha aposta a longo prazo.

Por iso, ofrecemos unha retribución bruta anual de entre 25.000 e 30.000 €, en función da experiencia, a formación e as responsabilidades asumidas.

O posto contempla, ademais, a posibilidade de crecemento profesional e de revisión das condicións económicas a medida que aumenten as responsabilidades dentro da explotación.

Buscamos unha relación profesional estable, na que o/a veterinario/a poida achegar os seus coñecementos, participar na toma de decisións relacionadas coa saúde e o benestar do gando e converterse nunha peza importante dentro do proxecto.

Valorarase positivamente a experiencia con gando bovino.

Data limite de candidatura

13 de novembro de 2026

Nível de estudos

Nível de licenciatura ou equivalente

Função

Veterinária