Instituto San Fernando é unha institución académica líder en sector do Ensino do Español como Lingua Estranxeira desde 1996, con sede central en Sevilla e presente en 10 cidades españolas. Desenvolve diversos programas educativos de inmersión lingüística e cultural con estudantes estranxeiros de diferentes nacionalidades en idade comprendida entre 11 e 25 anos aproximadamente.
Web: Home | INSTITUTO SAN FERNANDO
Necesita incorporar de forma temporal a profesores de español e coordinadores de actividades culturais para estranxeiros no seu centro da cidade de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
FUNCIÓNS
- PROFESOR DE ESPAÑOL: Impartición de clases/talleres de lingua e cultura española ou español con fíns específicos dentro e fóra da aula a todos os niveis indicados polo MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as linguas).
- COORDINADOR DE ACTIVIDADES CULTURAIS: Acompañamento, información e interpretación de grupos a lugares de interese turístico e cultural da cidade e zona periférica.
REQUISITOS
- Residir na cidade ou zona periférica (requisito indispensable).
- Ter Diplomatura/Licenciatura/Grao en Filoloxía, Historia, Hª da arte Humanidades, Pedagoxía, Maxisterio, Tradución e interpretación, Lingüística, etc...
- Posuír formación e experiencia como mestre/profesor (non é requisito imprescindible)
- Posuír formación e experiencia na animación sociocultural e/o patrimonio histórico-artístico.
CONDICIÓNS LABORAIS
- Xornada laboral: segundo a carga horaria das tarefas asignadas (15 - 34 horas/semana).
- Retribución: suxeita a táboa salarial da categoría de instrutor experto do convenio de ensino non regrado publicada no BOE. Posto a desempeñar: profesor/coordinador.
- Contratación: eventual ou fixo descontinuo a tempo parcial ou completo.
- Achegar no momento da contratación o Certificado de delitos de natureza sexual e penal (ambos certificados).
CONTACTO: Envía o teu CV a < email cancellata per motivi di sicurezza >
Escribe no asunto: Profesor ELE + SANTIAGO.
Inclúe no teu CV: fotografía recente, data de nacemento e enderezo do seu lugar de residencia na cidade para a que solicita o posto.