Logo USCOferta exclusiva

Técnico/a superior de proxecto EGI-ANERIS

Posto temporal 18 a 24 meses

Santiago de Compostela

CESGA. Centro de Supercomputación de Galicia

Publicado o 13 de marzo de 2025

  • Tipo de contrato

    Posto temporal 18 a 24 meses

  • Localización

    Santiago de Compostela

  • Data de comezo

    O antes posible

  • Salario

    Información non proporcionada

  • Teletraballo

    Parcial

Buscamos 1 técnico/a superior de proxecto apaixonado na área de tecnoloxías da información e a súa aplicación ao sector de ciencias do mar, que entre outras funcións (recollidas nas bases) terá as de colaboración no despregamento e operación das infraestruturas de computación e almacenamento do proxecto, así como o soporte técnico a usuarios.

Será responsable de estender o Data Lake do CESGA para o seu acceso á comunidade de usuarios do proxecto ANERIS, incluíndo novos repositorios de datos e casos de uso.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato de traballo temporal desde a firma ata a data de finalización do proxecto ANERIS, estimada no 31/12/2026.

https://www.cesga.es/gl/oferta-de-emprego-para-a-area-de-sistemas/

Prazo límite da candidatura

28 De Marzo De 2025

Nivel de estudos

Nivel de máster o equivalente; Nivel de grado o equivalente

Categoría de traballo

Infraestruturas / Redes / Telecomunicacións