O Concello de Ames, a través da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) ten aberta unha convocatoria de bolsa Feuga para colaborar durante un ano, a xornada completa, no Servizo de Normalización Lingüística municipal. Poden ser candidatas todas as persoas graduadas en Lingua e Literatura Galega que cumpran estes dous requisitos:
-Que non transcorreran máis de tres anos desde que estiveron vinculadas coa Universidade (nun grao ou nun máster).
-Que non estiveran traballando cun contrato no que lles requirisen estar en posesión do grao en Lingua e Literatura.
O período da bolsa comprendería do 11 de novembro de 2026 ao 10 de novembro de 2027.
O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 26 de outubro de 2026 ás 14.00 h