IVC Evidensia abre 16 prazas para veterinarios/as recén graduados/as ou con ata dous anos de experiencia que queiran desenvolver as súas competencias en Urxencias Veterinarias.
CONDICIÓNS:
• Contrato indefinido desde o primeiro día.
• Salario según convenio.
• Catro meses de formación intensiva.
• Actividade clínica supervisada nunha contorna asistencial real.
• Incorporación o 16 de novembro de 2026.
• Prazas dispoñibles en centros de IVC Evidensia de España e Portugal.
BENEFICIOS CORPORATIVOS DE IVC EVIDENSIA:
• Programa formativo totalmente subvencionado por IVC Evidensia.
• Acompañamento individual por parte dun/a titor/a clínico/a.
• Revisión de casos reais e feedback continuo.
• Desenvolvemento progresivo da autonomía e a responsabilidade clínica.
• Avaliación final e definición do seguinte paso profesional dentro do grupo.
• Acceso á rede de coñecemento e formación de IVC Evidensia Academy.
REQUISITOS:
• Grao ou Licenciatura en Veterinaria.
• Ter finalizado recentemente os estudos ou contar cun máximo de dous anos de experiencia profesional.
• Interese por desenvolver a carreira profesional en Urxencias Veterinarias.
• Iniciativa, responsabilidade e capacidade para traballar en equipo.
• Motivación para aprender mediante a práctica clínica supervisada.
CONTIDOS DA FORMACIÓN:
• Triaxe e valoración inicial do paciente.
• Manexo do shock e fluidoterapia.
• Abordaxe do paciente crítico.
• Atención do paciente politraumatizado.
• Reanimación cardiopulmonar.
• Toma de decisións e traballo coordinado en urxencias.
SOBRE O PROGRAMA:
Vet Starter combina formación especializada e experiencia clínica durante catro meses. Cada participante contará cun/a titor/a de referencia e asumirá autonomía e responsabilidade de xeito progresivo, sempre co acompañamento e a supervisión necesarios.
Data de inicio: 16 de novembro de 2026.
Máis información: https://ivcevidensiaacademy.com/es/
