Skip to content
Targeted job

Tese con Posibilidades de Financiación

Research / Doctorate 36 months

Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

Grupo de Gastroenteroloxía Molecular e Celular do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

SME

Published on 9 June 2026

  • Contract

    Research / Doctorate 36 months

  • Location

    Santiago de Compostela, Coruña, A (Spain)

  • Start date

    As soon as possible

  • Salary

    Information not provided

  • Remote working

    Partial

Desde o grupo de Gastroenterología Molecular e Celular do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) estamos a buscar estudantes que queiran comezar estudos de doutoramento (con posibilidade de financiamento).

Somos un grupo dinámico con diferentes liñas de investigación dirixidas ao estudo da enfermidade inflamatoria intestinal. Por unha banda, tratamos de entender desde a investigación básica novos mecanismos que participan na regulación da inflamación intestinal. Pero tamén traballamos en proxectos máis traslacionais destinados a coñecer por que algúns tratamentos non funcionan correctamente e como se podería corrixir. Para a realización destes estudos usamos gran variedade de técnicas en cultivos celulares, mostras de pacientes e modelos de experimentación animal. Resaltar que no grupo lle damos moita importancia ao desenvolvemento do pensamento crítico e a unha formación a varios niveis.

Requisitos:

• Grao relacionado coa biomedicina: Bioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica, etc.

• Estar en posesión ou finalizando en 2026 un Máster Universitario que de acceso a estudos de doutoramento.

Application deadline

9 July 2026

Study level

Master level or equivalent

Job Category

Biochemistry & Molecular Biology