Přejít k obsahu
Cílená práce

Programa Futura- Mozos/as Profesionais

Plný úvazek

Galicia (Spain)

Pérez Rumbao

Sdružení

Zveřejněno dne 3. června 2026

  • Typ smlouvy

    Plný úvazek

  • Pracoviště

    Galicia (Spain)

  • Datum začátku

    Co nejdříve

  • Plat

    Informace nebyly poskytnuty

  • Práce z domova

    Bez práce z domova

Acabas de terminar, ou xa está moi próxima a túa gradación universitaria e buscas un proxecto onde crecer de verdade?

En Pérez Rumbao, grupo líder no sector automoción en Galicia, non buscamos simplemente comerciais; buscamos aos futuros compañeiros da nosa organización. Cremos que a mellor forma de coñecer un negocio é desde a primeira liña, por iso lanzamos esta posición estratéxica de Asesor/a Comercial Júnior.

Que te ofrecemos?

  • Plan de Carrera: Esta non é unha posición estática. Os primeiros anos serán a túa fase de aprendizaxe e rodaxe na área comercial para que, a medio prazo, poidas promocionar e asumir novas responsabilidades dentro do grupo.
  • Formación Continua: Aprenderás dos mellores profesionais do sector e coñecerás a fondo o funcionamento dun gran grupo empresarial.
  • Crecemento nunha contorna sólida: Uniraste a un equipo en plena expansión nun ambiente de traballo dinámico.

Que buscamos en ti?

  • Formación: Graduados/as Universitarios/as, recentes ou próximos en calquera rama profesional, pero con vocación e actitude de servizo comercial. Non necesitamos experiencia previa específica no sector, nós ensinámoste!
  • Actitude: Persoas con ganas de aprender, proactivas, con bos dotes comunicativos e con fame de comerse o mundo.
  • Visión: Alguén que busque estabilidade e queira desenvolver a súa traxectoria profesional a longo prazo connosco.
  • Mobilidade: Imprescindible Carné de conducir en vigor.

E cal será a túa misión connosco?

Serás a cara visible das nosas marcas, detectarás oportunidades de negocio e asesorarás aos nosos clientes, aprendendo as claves do éxito do noso modelo de negocio mentres te preparas para os seguintes pasos na organización.

Se queres que o teu primeiro emprego sexa o inicio dunha gran carreira, queremos coñecerte!

Empeza na área comercial. Crece dentro da organización. Unha oportunidade para mozos/as con recentemente ou próxima gradación que queren aprender o negocio desde a primeira liña e construír unha carreira dentro dun grupo líder en automoción. Impulsa a túa carreira profesional connosco, en Grupo Pérez Rumbao

Envíanos o teu CV a < e-mail smazán z bezpečnostních důvodů > mencionando o teu interese no noso Programa Futura.

Uzávěrka pro zasílání přihlášek

3. srpna 2026

Úroveň vzdělání

Bakalářský nebo vysokoškolský titul; Magisterské studium

Kategorie pracovních pozic

Prodej a obchodní rozvoj