The Vet Office selecciona profesionais para dúas clínicas veterinarias:
- Guadalajara – Veterinario/a júnior en clínica mixta. Non se require experiencia previa. Traballo con pequenos e grandes animais, gandaría e apicultura. Contrato indefinido a xornada completa, salario segundo a experiencia, complemento de produtividade e formación continua. Gardas diúrnas localizadas unha semana ao mes, con remuneración adicional. Referencia: Vet mixto Guadalajara.
- Adeje (Tenerife Sur) – Veterinario/a xeneralista. Preferentemente, cun ano de experiencia clínica e autonomía na consulta. Contrato indefinido a xornada completa, ata 29.000 € brutos anuais, incentivos de ata 600 €/mes e axuda para o aloxamento durante os primeiros seis meses. Formación continua, sen gardas nin quendas de noite; un sábado cada dúas semanas remunerado á parte. Referencia: Tenerife Sur Vet.
Candidaturas: envía o teu CV a < e-mail smazán z bezpečnostních důvodů >, indicando no asunto a referencia da oferta.